Viñetas (e II)
A Editorial infórmanos de que podería haber un acto breve de presentación de As Crónicas de Gáidil alá polo 14 ou 15 de Agosto nas Viñetas desde o Atlántico. Qué nervios!
Por outro lado estivemos facendo mil correccións do texto e Víctor ultimou as ilustracións que faltaban, entre elas unha posible portada. Xa parece que queda menos e que o proxecto será algo "físico". Xa temos ganas de telo nas mans.
En fin, a ver como sae todo.
4 comentarios:
Pois avisade, porque estou seguro que iremos todos como unha piña para respaldar esa presentación. Xuntos faremos que Gaidil sexa un acontecemento que marque un antes e un despois nas Viñetas!!! Por Lugh!!!!
A ver, a ver. Ti polo dagora preocúpate das escamas e dos homes de chapeu e gabán cos dentes de pedra, e logo xa falaremos!
Pois dentro dun mesiño alá nos veremos se Lugh o permite :)
Eso espero Besbe, a ver se coincidimos dunha vez!
Publicar un comentario