25.7.07

Feliz Día da Patria

Coa data da saída do xogo tan perto estame a vir sempre ao pensamento unha cita dun autor que tamén gustaba de escribir en Galego, pero que tamén se adicaba a debuxar e politiquear un pouco.

Esta cita sería perfecta para As Crónicas de Gáidil, posto que tanto Amra coma min pensamos que recolle todo o noso pensamento e sentimento sobre a nosa obra, e cito:

"Ós mozos galegos,
Eu quero adicarvos esta miña primeira novela. Fíxena para derramar o tempo que me sobraba, máis que para sentir o gozo de crear unha peza de arte. Prestóume horas de vida feliz e xa me daría por satisfeito co que me divertín ó escrebila; pero foi imaxinada con tanta ledicia e composta con tanto amor que algo terá de bó. Estóu seguro de que non é unha gran obra; pero é tan humán e tan miña que non podería ofrecervos nada mellor".

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, limiar de Os dous de sempre (1934).



Se tras morrer é todo coma eu penso, e hai un Alén como eu o imaxino, buff... pedazo partidas de rol imos botar con este Home!

Veña, desfrutade deste día!

3 comentarios:

FraVernero dijo...

Jorl... como lamento non andar retozando convosco por Compostela...

A vida soe ser unha serie de escollas, a maioria delas erradas... E un chisco de azar...

O Breogán de Gáidil dijo...

A ver, a ver, home. Por Compostela estarás en breve, morriñento, e que a maioría das escollas na vida son erradas... tampouco é tal. Seguro que unha mala elección pode tornar en boa con só cambia-lo xeito de ve-las cousas. Veña, ánimo por alá e desfruta das cousas boas, que as malas non serán senón anécdotas a contar compartindo unhas tazas.

jan dijo...

Foi un pracer este día da Patria, un dos mellores que lembro, pasándoo cos amigos queridos que son a mellor patria que hai...
Bicos.