24.7.07

Uruk-hai soltos por Compostela

Non era un señoriño disfrazado. Nin Lawrence Makoare nin contos chinos. Ese tío era un uruk-hai solto por Compostela.


Co gallo da exposición da Fundación Caixa Galicia de "O Señor dos Aneis" en Santiago e n'A Coruña, o actor que interpretou a Lurtz e a Gothmog na Triloxía baseada na obra de J.R.R. Tolkien paseóuse hoxe pola zona vella de Compostela ante a mirada atónita e divertida de cantos polo seu camiño se cruzaron. A pesar da maquillaxe e da calor que debía estar pasando foi todo un "showman" e amosou un sentido do humor enorme...


... sobre todo cando lle dixen, xunto aos meus sobriños, aquilo de "I know your face... You killed Boromir! I don't like you!" e el rachou a rir.

No universo Tolkien ese personaxe, o de Lurtz na película de Peter Jackson, non existe. Boromir morre a causa das feridas de múltiples inimigos, non polo ataque dun líder uruk carismático. Pero o detalle do director de poñerlle cara a ese ser malvado que acaba cun dos mellores personaxes de toda a saga é un detallazo. E telo diante, un puntazo!

5 comentarios:

Anónimo dijo...

¡Ai, menuda familia de frikis temos!

O Breogán de Gáidil dijo...

E ti que o digas!

O Lobo dijo...

carallo, e eu currando na casa!, Graças por ponher esas megníficas fotos, Breogán. Tivo que ser moi divertido.U01

Elianinha dijo...

e eu igual ca o lobo, perdéndome o evento máis friki do apóstolo. Terei que facer penitencia ou algo así para redimirme.

O Breogán de Gáidil dijo...

O Lobo: Foi divertido, foi. Non tanto coma unha raid a Stormwind, pero o tipo estaba entregado no seu papel e daba gusto velo do grande que era!

Elianinha: Xa vin que estabas con trancazo... Pero non fagas penitencia, que para iso colguei eu as fotos.

Un saúdo!