10.4.07

Tres Cousas

Primeira: A Maldición do Río de Amerelle foi un sinxelo Conto que xogamos o outro día O Mosqueteiro, Bishop, Buliwyf máis eu, con Amra o León de Contacontos. A partida tivo moita máis miga, claro, i eu persoalmente paséino en grande.

Segunda: Resposto ao rollo este da música sacada de youtube que me manda Jan de Delft. Tan só porei dúas. Seica tiña que ser música sensual. Tan só direi que ese tipo de cousas dependen moito da persoa, e que o que para un pode ser de risa para outro pode ser todo o contrario.

A música de fondo nesta escena, case vinte anos despois, ségueme poñendo a pel de galiña.


Así como a música de fondo desta:


Son sensuais? Pois non o sei de certo. Seguro que cancións de grupos de música que hai por aí son moito mellores, pero eu me criéi máis vendo cinema que escoitando música sensual.

A non ser que falemos disto, claro:


Terceira: Acabo de atopar algo co que non contaba: o blog de Santi Bergantinhos, que paso a linkar. Unha das orixes non-oficiais de Gáidil (ou do feito de tentar facer un xogo de rol en galego) foi o seu libro Carmiña Burana, cos seus goliardos, templarios, o Urco e as batallas inmortais na Praza da Quintana... o día menos pensado sorprendémosche de novo con Terra Cógnita.

Un saúdo a todos.

13 comentarios:

Santiago Bergantinhos dijo...

Aldraxe! Impostura! Plaxio!

Non, se é léria.

Neno, pois xa podías avisar antes, que estas cousas fan ilusón.

Anónimo dijo...

Hai que ver o Adama, cambia de profesión como de chaqueta!
O mesmo dirixe Galáctica, que a Sonny Crocket (ou como demos se escriba), que se bota unha parrafadiña co bo de Harrison...He, he

Apretas

Unknown dijo...

jojojo...Non che diría eu que non, supersantiego...Ó final ímonos atopando todos no camiño dos camiños!
Actualizando o refrán "Arrieiros somos e en bloglaliza nos atoparemos" XD

Un saúdo a todos e en especial para ti, Ss, que xa facía que non sabía de ti, e de verdade que me alegro de atoparte...

Santiago Bergantinhos dijo...

A minha ledícia seria completa... sesoubesse quem caralho sodes!!! Hostia de nicks!!

Unknown dijo...

jejeje...lémbrate de Ferrol... a ver se así vas caendo.

Un saúdo...XD

Santiago Bergantinhos dijo...

Conhecim tanto psicópata em Ferrol como para lembrar-me deles todos.

O Breogán de Gáidil dijo...

Aínda que As Crónicas de Gáidil non ten nada que ver co Carmiña Burana, lembrarás a dous frikis (un de Ferrol e outro de Santiago) que querían facer o xogo de rol dos Goliardos, non? Lembro unha conversa ben longa no bar A Reserva de Ferrol.

Santiago Bergantinhos dijo...

Que sim, que sei quem sodes. Mas preferiria os detalhes

FraVernero dijo...

É unha cadea viciosa de carallo... e unhas escollas heterodoxas, Gaidileiro!

moucho branco dijo...

salve!

mmmm... metal e epicismo, non hai absolutamente nada mellor na vida.¨O último vídeo, o de Manowar, tíveno eu en "favoritos" do tubo para colgalo nalgún momento no meu blogue. E é que unha canción na que se nomea o Valhalla non é unha canción, é unha oración... oremos logo.

Gracias pola visita, me fixen un camiño até as crónicas dende o niño, vémonos.

O Breogán de Gáidil dijo...

Graciñas pola visita Moucho!

Non, se é o que hai: "metaleiros somos, e en Valhalla nos atoparemos"

Anónimo dijo...

Ostia ostia ostia... Hai tempo as Brigadas de Vicio e Subcultura (o comité adicado ao friki da asociación itaca) intentamos facer un xogo de rol en galego en forma de libro... mesmo algo falaramos con galaxia...pero a vagancia puido connosco.
O que me parece curioso é que a temática ven a ser similar. Nós pola nosa parte baseámonos nuns cantos libros sobre mitoloxía galega (o Urco aquí citado era un dos nosos putos ídolos) pra facer unha historia chamada o tempo do Cometa, consistente en que o mundo máxico, por mor do inconsciente colectivo, se xuntaba có real, dando lugar a unha especie de chamada de cthulhu (cambaindo a "loucura" por unha especie de "integración co mundo máxico") onde todo podía ser perfectamente real.
E nada, fíxome coña atoparme con este blog e ver que as grandes mentes pensan igoal...
(a través da realidade estupefaciente entrei... que bó é ter amigos que vos linken ;) )

O Breogán de Gáidil dijo...

Boas Sputnik.

Pois si, atopáramos o Tempo do Cometa nunha especie de wiki e nos parecera interesante. Aínda así Gáidil é un mundo máis puramente fantástico, de espada e bruxería pero nun ambiente castrexo e con lendas galegas e celtas.
Agardemos que Gáidil sexa o primeiro de moitos en ser editados en Galicia.
Un saúdo aos de Itaca e a Lúa Neghra.