5.3.07

5000 e 300

Que non son 5300, ollo.
5000 son as visualizacións de páxina que leva este blog... non sei cómo porque mira que tardo en renovalo. De tódolos xeitos cinco mil gracias (ou grazas) a todos os que vos interesades ou vos interesáchedes.

E 300 é un bo motivo para que me apeteza a morrer volver a xogar unha nova partida de Gáidil.

Agora mesmo teño 2 partidas en activo: unha miña de Cthulhu e outra de Amra de "La Leyenda de los 5 Anillos", pero Gáidil sempre está aí, agardando por min para que xogue e imaxine novos lugares destas terras da Gael-leach, cunhas ganas tremendas de continuar as aventuras tra-la caída de Arnal o Raposo.

Agardo, o día menos pensado, poder sorprendervos cunha edición deste xogo. Que entredes nunha librería calquera e, de súpeto, entre un montón de libros nunha esquina vexades "As Crónicas de Gáidil: Onde Remata o Mundo Escomeza a Aventura" e lembredes a estes pobres soñadores...

8 comentarios:

besbellinha dijo...

Eu tamén estou agardando esa sorpresa e alédome saber que sigues ben e ocupándote de asuntos importantes :) Unha aperta grande grande.

O Breogán dijo...

Sempre é un placer terche por eiquí, Besbella.

elduende dijo...

Folgos e ánimos ata o día en que chegue o parto de Gaidil en papel. E felicidades polos cinco milleiros.

O Breogán dijo...

Graciñas, Duende; aí estamos, a ver se comezo a adiantar algo do sistema de xogo e algunhas novidades a corto-medio prazo, en principio boas.

torredebabel dijo...

Mentres vai chegando ese día, que dende logo e ainda que sexa ao lonxe tamén agardo, vaian os parabens para as formidables 5000 visualizacions!!!!!!!!!!!

jan dijo...

Parabéns Breogán, por todo eke polos 5000!

Eu tamén agardo!!

Pris dijo...

Agardamos todos e todas con ansia ver ese libriño nos andeis das librarías. A ver cantos vos din o de "autor autor... me lo dedicas??"

Parabéns polas visitas...

Amra, o leon dijo...

se o piden en galego, non haberá problema !! XD

Un saúdo e noraboa!