25.3.07

Mapa da Gael-leach

Incompleto e en plan chapuza, pero qué carallo!



Este é sobre todo para ir mirando onde cae cada sitio. Hai moitos máis lugares que faltan neste mapa (O Castro das Aciñeiras, a Baiuca do Salgueiro Falador, O torreón do Baol'Engo...) pero supoño que pouco a pouco se engadirán a medida que o mundo medra. O chiste destas cousas é cando as deixas voar, e o mellor de todo é xa un día no que escoitas unha conversa sobre "o castro cheo de mortos vivintes que hai preto de Lug e que está en guerra cos piornais de pelo verde aliados dos limicos" e do que ti (como creador e deseñador do mundo) non tes nin idea.

2 comentarios:

paideleo dijo...

Saudos dende perto de Grania.

O Breogán dijo...

Os sitios na Gael-leach, e en Gáidil, non son senón reflexos moi borrosos do noso mundo. Libredón non é Compostela, pero si que o é. Breogantia non é Coruña, nin a Torre do Facho Aceso (a Tor Breogáin) é a Torre de Hércules. Pero si que o son.

Deste xeito calquera que colla o libro pode verse reflectido nel, sen verse reflectido nel.