22.9.10

La Puerta de Ishtar

Chégame o runrún dun novo xogo de ambientación curiosa: La Puerta de Ishtar.

Wachinayn, o seu autor, está facendo público o desenvolvemento do mesmo no seu blog, tal e como Amra máis eu fixemos con Gáidil no seu momento.
I é que están xurdindo iniciativas moi interesantes, sobre todo dende que a xente ten que darlle ao miolo debido a que ou non hai cartos para mercar Rol, ou non hai cartos (ou ganas) para publicalo tal e como se viña facendo.

Aledámonos moito destas iniciativas, así coma a da Sociedad del Dado Cornudo, cunhas propostas moi boas. Un excelente exemplo para todos.

Apertas dende Libredón!

2 comentarios:

Gerry_lopez dijo...

Ollo a Aventuras en la Marca del Este, que ten unha pintaza cojonuda tamén...
Un saúdo .

O Breogán de Gáidil dijo...

Certo, hai tempo que a sigo, pero non a linkara todavía, así como outras moitas que xa acabo de introducir no directorio de Contacontos, Bardos e Eruditos. Graciñas por lembrarmo!!!

Apertas!