31.3.08

Moitas ideas, pouco tempo

Durante as últimas semanas Amra máis eu estivemos bastante liados, pero puidemos quedar un par de días para traballar a reo no que será o primeiro suplemento d'As Crónicas de Gáidil.
Tentamos que este suplemento contente a todos, así que terá moito trasfondo e descrición do Mundo, así como un bo lote de novas reglas.
Percorremos a Gael-leach para describir novos castros e lugares de aventura, amais de engadir novos seres ao mundo así como ampliar a descrición doutros, coma os Tourishomes e os Piornais, ampliando e concretando tamén as listas de "A ese venlle de familia...".
En canto á Maxia, faremos unha mellora baseada nun novo aspecto máxico e espiritual do mundo: o Arrecendo. Haberá unhas 6 Habelencias novas, entre as que se contan Comunión, Vieiros ou Sintonizar.
Tamén engadiremos os Camiños, vías de especialización que os Protagonistas poden seguir para mellorar nas súas profesións.
De novo contaremos con Víctor Rivas para as ilustracións, e será el que realice o debuxo (xa lle dimos a idea e estaba encantado) para a, agardemos, espectacular ilustración das pantallas (a 4 lados).

De tódolos xeitos estanos a levar algo de tempo ter todo listo, e non podemos dar datas fixas. Pero, se nos permitides esta licenza, o bo faise agardar.

4 comentarios:

elduende dijo...

Vaia, xusto agora que eu me decido a dirixir unha campaña de Gaidil...

Ganas de ler estas ampliacións, oigan.

O Breogán de Gáidil dijo...

Xa contarás!
Nós a pouco que teñamos irémolo resumindo e colgando tanto eiquí coma no grupo yahoo.

d´Agolada dijo...

Que interesante crear un xogo de rol en galego, haber se me informo mellor e podo participar. Pode ter acceso a este xogo calquera? Saúdos-.

O Breogán de Gáidil dijo...

Pois a verdade é que o xogo xa leva publicado dende outubro... Agora co que estamos é co primeiro suplemento.

Saúdos.