5.3.08

Sólidos Platónicos

"O Lume está formado por tetraedros; o Aire, de octaedros; a Auga, de icosaedros; a Terra, de cubos. E como aínda é posible unha quinta forma, Deus usou ésta, o dodecaedro pentagonal, para que sirva de límite do Mundo".

Timeo de Locri

Levo tres días facendo xornadas laborais moi amplas e, a verdade, estiven bastante perdido a nivel información. E hoxe Jan de Delft, nun dos currunchos que aproveitamos para falar por teléfono entre horas, comentoume da morte de Gary Gygax.
"Quen?", diredes algúns. Pois Gary Gygax, e punto.

Foi un mazazo, como se me dixeran que morreu un antigo compañeiro do colexio ao que hai anos que non ves, pero que ás veces te atopas pensando nel. Levo 2/3 da miña vida xogando a xogos de Rol e de Estratexia, e Gary Gygax é unha pedra angular importantísima neste eido.
É considerado, xunto con Dave Arneson, o pai dos xogos de Rol.
Seica quería ser lembrado como alguén que o pasaba ben xogando e compartindo coñecemento e pasatempos con todo o mundo. Seica tiña a campaña de rol de máis longa duración da historia todavía en activo. A min tíñame cara de bonachón, e de Papá Noël algo enfermiño.
Un dos meus soños era telo diante para poder agradecerlle moitas cousas. Outro era poder compartir mesa de xogo con el. Neste mundo xa non poderá ser. Que me garde un sitio se monta partida do outro lado.
Ernest Gary Gygax, creador de xogos de rol, contacontos e xogador, Deus de varios mundos a tempo parcial (27 de xullo de 1938 - 4 de Marzo de 2008)

Non direi iso de "descanse en paz". Mellor "Que siga disfrutando dos xogos incluso do outro lado".

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Haberá que xogar unhas boas pachangas na súa memoria para que el o vexa desde onde estea!!!!

O Breogán de Gáidil dijo...

A partida de Ork! con Bishop, Tona e contigo supoño que foi unha boa homenaxe ao mestre... estivéchedes todos xenial. Xa daremos conta dela no Clube de Té do Xoves que, por certo, teño que ir actualizando.