28.1.08

Traballando para o inglés...

Levabamos tempo sen actualizar, e neste tempo pasou moito.

O mundo quedou esnaquizado e finiquitado despois dunha apocalipse pequena, da que ao final conseguimos sobrevivir tanto Jan coma min! Unha festa moi entretida, cunha cea amenizada polo sen par Marcus, e unha excelente conversa con dous auténticos frikis: Duende e o Besbello (é dicir, o mozo da Besbella), falando de literatura de Ciencia-Ficción, Galáctica, Serenity, Asimov, Surface, Invasión...

Logo disto saímos n'A Nosa Terra, no número do 17 de xaneiro, cunha excelente reseña que fala sobre todo do xogo, fuxindo por fin da nota xa anecdótica de se-lo primeiro nesta Lingua Alta e de Reis que é o Galego (mola que me chaman Paulo, coma os nenos do cole Rianxo).

Logo aínda levamos maior sorpresa cando, no supercoñero A Retranca do mes de xaneiro atopámonos que o "Cuspidiño" deste mes é tal cual:

Hai que se fixar na pequena homenaxe que nos rinde Vítaro neste debuxo:


Polo demais dicir que as pantallas están en marcha. E concretar que ao final non serán pantallas realmente, se non case un Manual do Contacontos coas Pantallas incluidas, se todo vai ben.
Agardamos poder telas para maio, pero xa pasamos de augurar, que non é o noso.

Veña, un saúdo moi grande!

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Que coñeiro, a verdade é que foi un puntazo! Mágoa non se pareceren ao do debuxo para levalo a casa, juas, juas!!!

tangaranho dijo...

Pois é pena o do concurso, porque eu com guedelhas parecia-me bastante ao pretenso ganhador do concurso. De todos os jeitos, é um aspecto muito comum na Galiza...

besbe dijo...

Pois non me daba conta eu do detalle retranqueiro :) e de paso dicir que o besbello pasouno moi ben con vos. Bicos!

Anónimo dijo...

Víchedes....Antón Reixa vos cita en El Pais...Sodes uns cracs!!!!

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Creacion/emerxente/elpepuespgal/20080208elpgal_20/Tes

Anónimo dijo...

Non dou metido a URL correctamente, así que mirade na edición electrónica de El País, sección Galicia, o artigo Creación emerxente de Antón Reixa...