Nota ao pé
A ver... que parece que non queremos decatarnos. Parece mentira... Canto máis tiras para un lado máis che veñen detrás a amolar. Que non... que non me apetece que veñas por aquí. Dicía a miña avoa aquilo de "Unha vella dixo a outra polo burato da porta: métete na túa vida que a miña nada che importa", i é unha verdade coma un templo. Cada un polo seu lado, e todos contentos.
Mira, pensa no tempo que aforras en non escribilo, e o tempo que me aforro eu en borrarcho porque, sinceramente, xa nin os leo. Vaite, fai favor, e non volvas.
Mira que me fastidia o pitido de oídos.
6 comentarios:
Seica tedes un trol?
Trols non, gracias a Lugh.
¡Anda!, ¿qué raio pasou?. Fai um chisco que nom asomaba e cando venho, ¡todo cambiado!!.
Gustoume o cambio de aspecto do blog, moi chulo, ¡si señor!.
Nada, Lobo: cambia o continente pero non o contido.
Hai xente que non comprende o de 'Vive e deixa vivir', e ten que seguir amolando...Cansará algún día?
Por certo non sei porque non podo deixar o meu comentario como usuaria de blogaliza...Estará boicoteándonos Blogger...?
Agardemos que si, que non é tan complicado.
En canto ao de blogger, pois a saber.
Publicar un comentario