15.5.06

Resaca Roleira


Esta fin de semana houbo uns mini-encontros de rol en Santiago. Eu asistín o sábado, xogando a unha partida xenial de Conan pola mañán (facendo Amra de máster), e facendo eu de máster pola tarde a La Llamada de Cthulhu.

Poucas veces xa podo desfrutar dalgo así (xogar a rol de 11 da mañá a 14:30, e logo outra tanda de 17 a 23:30), e son cousas que serven para coñecer a outros do mundillo e ver cómo está a afeción na túa terra.

Nin qué dicir ten que disfrutei vilmente facendo de máster (Gardián dos Arcanos) de Cthulhu. Ao final, como era de esperar, os deuses Primixenios conquistaron o mundo e escravizaron ó planeta (era unha partida autoconclusiva, e nestes casos podes deixar que os teus desexos escuros prevalezan, jeje).
Dende eiquí agradezo ós excelentes xogadores desa partida (Conchi, Nacho, Mario, Patricio e ós dous Luises) a súa participación e agardo que o pasaran tan ben coma min.

Déixovos dous enlaces, un para saber máis de Lovecraft (principal creador dos Mitos de Cthulhu) e outro para o xogo de rol.


4 comentarios:

Jan dijo...

Paseino en grande, xa hai moito que quería xogar á Chamadade Cthulhu. E ser unha catalogadora do British, e xogar en London...que máis se pode pedir? O de palmar ao final da partida case é o de menos.

Unha apreta e un bico ... IA ! IA ! CTHULHU FATGN !

FraVernero dijo...

Arrecarallo! Un tópase de todo na rede de redes...
Así que aquí temos a unha das figuras roleiras compostelás. Estráñame que Tomás non estivera nesa partida de Cthulhu... Dalle saúdos da miña parte se o ves...

Canto a Cthulhu, xa iría sendo hora de que sacásemos un 'Cachelonomicon', a malvada traducción do libro proibido ao galego, cos correspondentes personaxes devorados polos Profundos na ría de Muros...
O que me lembra unha película malísima de ambiente lovecraftiano chamada 'Dagon' e rodada nalgún lugar galego. O único que valía a pena eran as cachas descubertas de Raquel Meroño...
un saúdo

O Breogán dijo...

Sinto disentir niso, Fravernero.
Sería total e absolutamente imposible que profundos e primixenios tentaculados devoraran ós galegos... uns quilos de pimentón e un par de pulpeiras luguesas, e pobre de Cthulhu como o collan!

Un saúdo e graciñas polo comentario.

Amra, o leon dijo...

COOOOMOOO? Dagon malísima??? Se é impresionante!!!! XXXDDDD
Agora, fora de Coñas, non é boa, pero alomenos está bastante ben adaptada e sabendo a experiencia que hai en pelis deste tipo, non está mal e déixase ver. Ademáis de que é de agradecer que a centren na Galiza...Aínda que xa o fixo Fran Camarasa moitos anos antes...XD
Un Opa por aquí!!!