29.5.06

"If you think the Heaven is more higher..."

Esta fin de semana foi movidita.

O venres, concerto na Porta do Camiño, cuns grupos estupendos entre os que se contaba CODENAME, o grupo de Ferny (propietario da tenda de Rol Auryn en Santiago). Impresionante.

O sábado, tal que outro. Esta vez pasamos do métal ó hip-hop por medio dos Dios que te Crew, que deron un concerto moi bo na Sala Capitol.

E hoxe xestóuse en Compostela a posibilidade dun Clube de Rol en condicións, quén de organizar eventos e actividades culturais cantas poidamos.

Moi bo fin de semana, sen dúbida.

4 comentarios:

Jan dijo...

Saúde para a Primoxenitura! Que todo sexa para ben! Traballaremos para que así sexa.

Bonnie Parker dijo...

Estivo bem o concerto de BRIGA, si.

O Breogán dijo...

Máis que ben, Okhrana! Eu era a primeira vez que vía a Codename, e encantáronme.
E o concerto, si, foi BRIGA, pero aí o mérito o ten en grande medida o Borxa Arvernio!

Un saúdo.

FraVernero dijo...

Ams...
xa me tarda que o clube se poña a andar... Alén, teño unhas partiducas gardadas que esixen ser xogadas...

Verémonos o domingo na reunión...