17.5.09

17 de Maio

Coma sempre, manifestación na Alameda con rumbo á Quintana. Este ano con maior motivo que nunca, despois de que a escoura de Galicia Bilingüe armase a súa nasa de estrume na que moitos se deixaron atrapar. Noxento.

Hoxe, de novo, berramos pola nosa lingua. Coma mestres facémolo diariamente... porque a lingua propia de un país é un deber coñecela e un dereito usala e, pódovolo asegurar, os únicos alumnos realmente bilingües que tiven na miña vida eran aqueles que eran galegofalantes. Estes coñecían tanto o seu galego coma o castellano que era imposto por todos os medios lúdicos (series de tv, xogos de ordenador ou de play, etcétera). Os castellanofalantes só coñecían esa lingua, a cooficial, e non podían case nin artellar palabra en galego.

Éche o que hai.

2 comentarios:

Tiglat dijo...

Totalmente de acordo contigo. En secundaria o fenomeno que comentas ampliase e agravase. Eu tamen estiven en Compostela, estoico baixo a chuvia. Saudos.

O Breogán de Gáidil dijo...

As consignas xa o dicían todo: "Por moito que se molle a lingua non encolle!"
Saúdos!