26.4.09

Por todos, para todos

A finais do ano pasado levamos unha sorpresa maiúscula: había un afeccionado a Gáidil, da mesma Irmandade do World of Warcraft que Amra o León (tamén coñecido por Gerry López) que nos fixo unha proposta moi moi interesante: crear unha wiki de Gáidil. Jab Korr é o responsable e o administrador desta idea.

Por suposto lle dimos luz verde ao proxecto, visto que pode ser unha maneira interesante de aportar máis datos sobre o Mundo de Gáidil, a Gael-leach, os diferentes seres da Luz e do Sidh...
Neste lugar de encontro poderemos atopar castros novos, novas castes, armas diferentes e moitas outras cousas, e todo o que se queira. Pola nosa parte tentaremos aportar moito e traballar para que esta wiki medre.

Pero o que agardamos verdadeiramente é que vós mesmos ampliedes, na medida en que vos apeteza, este mundo que é Gáidil.
Como xa dixemos cando publicamos o libro, agora Gáidil é voso, e sodes vós quen lle dades vida na medida en que o xogades. Nin a Arma nin a min nos gustaron nunca as "Campañas oficiais pechadas", onde a labor dun máster imaxinativo era aplastada pola maquinaria editorial impoñendo ideas.

A dirección desta wiki é http://cronicasgaidil.wikia.com/
Agardamos que lle sexa de utilidade a todos os afeccionados.
De novo, moitas gracias a Jab pola idea e pola paciencia que tivo para levala a cabo. Agora, pola nosa parte, a traballar!

10 comentarios:

Juan dijo...

Bem, bem unha boa nova. Un sitio onde poidamos intercambiar ideas e pensamentos :)).

Por certo, ¿sábese algo da pantalla?.

Apertas.

Unknown dijo...

¡Moi boas, son Jab Korr!
Moitas grazas por anunciala agora. Xa dende fináis do ano pasado está lista pero por diversos motivos retrasaron a súa nova.
Fixen esta wiki pensando en reunir diversos contidos básicos pra comprende-lo mundo de Gáidil e sobretodo para amplialo, coma eles mesmos pensaron. Polo dagora están feitas unhas categorías dentro dunha grande chamada "Comunidade Gáidil", que inclúe asociacións de xogadores, contos e aventuras, castos, personaxes ... todo feito polos xogadores, podiendo ampliar máis temas (ben sexan armas, vestimentas...) se son requeridas.

Pois nada máis. Anímovos a todos a participar e face-la máis grande e medrar cada día máis! Publicade a descri`ción, ficha, aventuras do voso personaxe, o voso castro de orixe, outros descubertos polo camiño, o voso local de xogo ou asociación de xogadores, irmandades do xogo ... etc

¡UNHA APERTA! Agardo novas actualizacións...

Unknown dijo...

Por certo, precisamos un bo logo pra a Gáidil Wiki. Se alguén ten man pra isto...

O Breogán de Gáidil dijo...

Juan, as pantallas van lentas pero van. O problema está sendo que Amra máis eu non podemos quedar co ritmo que nos gustaría agora que vivimos en cidades distintas. Temos moito material, pero precisa ser filtrado, testeado e correxido pero, en canto estea listo, e contamos que sexa pronto, poremos en marcha a Rivas e á editorial.
Javier, moi bo traballo! A ver se a cousa medra a nos sorprende pouco a pouco.

LaicaNuru dijo...

Boas

Pareceme unha boa idea o da wiki, e sobre toda as seccións para que aportemos o noso material, ben sexan as nosas personaxes ou castros; ou os nosos contos.

A ver se pronto esta o foro, e vamos-lle dando vidiña a comunidade Gaidil.

Unknown dijo...

Os foros xa están listos, mais podo mudar de estética se queredes xa que esta só é en inglés :(

Juan dijo...

Nom te apures Breogán de Gaidil :P... máis vale tarde e bem feito que pronto e mal.

Saudos.

O Breogán de Gáidil dijo...

LaicaNuru, penso que a idea de Jab coa wiki é precisamente esa: que os propios afeccionados ampliemos Gáidil, facendo del un mundo vivo. Os que sempre estades pendentes seguro que tedes un montón de ideas que nós coma autores nunca frearemos, pois dende sempre a nosa pretensión foi deseñan un xogo xogable para seren xogado. Se o logramos eso xa é decisión vosa.

Graciñas a todos polos comentarios!
Gáidil go bragh!!!

Unknown dijo...

¿Que ocorre? ¡Hai que participar na wiki de Gáidil! Veña, animádevos.

http://cronicasgaidil.wikia.com/wiki/Portada

http://cronicasgaidil.wikia.com/wiki/Comunidade

Unknown dijo...

Leva tempo sen empregarse. ¡Veña, precisamos xente!
Se alguén me bota unha man co logo... estou moi mal coa edición de imaxe xD vai anos que non a practico.

Asinado: Jab Korr