13.4.09

Orfos de novo

Se xa o pasado anos perdiamos a Gary Gygax, o pasado día 7 de abril perdimos a Dave Arneson.

A Dave debémoslle moito todos aqueles que temos a afección non só como pasatempo, se non como medio de vida.
Foi el quen, partindo dos xogos de guerra con miniaturas, desenvolveu as primeiras aventuras de rol tal e como as entendemos agora: cada xogador, en troques de levar un exército enteiro, se encarna nun só personaxe, mentres que un árbitro encarna todo o demais que haxa no mundo. É unha mágoa todo o que ocorreu logo entre Gygax i el, malos rollos e demais. Arneson é a mente pensante, deseñadora de sistemas e xeitos de xogo que quedou na sombra, para desgracia de todos.
Dave Arneson (1/X/1947 - 7/IV/2009)

Igual que pasara cando morreu Gygax, cando Patrick me deu a nova sobre Arneson sentín pena, coma se morrera un parente lonxano ao que hai tempo non ves.
Agardo que Gary máis el se atopen no Outro Lado e poidan arranxar os seus problemas e, con sorte, o día que me toque a min pasar dese Lado ter a ocasión de botar unhas partidas con eles, xa a Blackmoor, a D&D, ou mesmo a Gáidil.

6 comentarios:

Jan dijo...

Vai unha homenaxe este xoves?

O Breogán de Gáidil dijo...

Vai!

O Mosqueteiro dijo...

Que pasa, que Patrick só da noticias de mortes? Pois vai ser millor non falar co gafe ese, por si acaso...

Nacho dijo...

Vaia por dios... xa quedan poucas lendas vivas!
Personaxe singular este Dave. Non todos os dias espertas pola mañan e descobres que vendiches por catro perras unha idea millonaria...pero en fin, os negocios é o que teñen!
Ao fin, seguro que o máis lle jodeu foi perder ao G.Gygax de colega...pero bueno, esto se me ocurre a min que non coñecín a ningún deles.
A verdade é que é unha mágoa. Descanse en paz e que os seus dados saquen 20 sen parar nas partidas que lles quedan no ceo...

(entre nos, este ten máis pinta de friki flipado que o Gygax)xD

Veña, unha aperta para todos e parabéns por ver como esto móvese máis, que xa o botabamos de menos...Un saúdo e Aloha!

O Breogán de Gáidil dijo...

Ímosllo perdoar, Mosqueteiro, porque Patrick trae moi boas novas ás veces.

Gerry-Amra, xa contarás qué tal polas terras dos Tamarcos!

bishopxmen dijo...

No leo los comentarios unos cuantos dias y ya me acusan de agorero... pues, Mosqueperro, tengo una noticia para ti: le caes mal a D'artacan!!!