9.7.08

Vrao

Ben, xente. Agora que temos máis tempo (a fin de curso de este ano foi levadeira anque traballosa) procederemos a darlle algo de caña ao blog... algunha nova raza, novas axudas de xogo, ideas... avances das Pantallas. Un pouco de todo.


Contentos quedamos despois da presentación do clube de rol do Ensanche, en Compostela. Alí estiven eu coma Contacontos no xogo de rol de creación propia "Como a Vida Mesma RPG", con 5 fermosas damas coma xogadoras de excepción na partida para nais e pais. Un atraco a un banco que remata sendo unha fuxida a fume de carozo dunha cidade en plena invasión zombie foi un bo xeito de presentar o que é un xogo de rol. A verdade foi moi, moi divertido. Sorprendeume gratamente ver cómo xente que nunca tivera contacto co rol tiña mellores ideas e máis capacidade de interpretación que moitos que levan anos xogando. Unha desternillante lección de rol.

Estou seguindo un pouco a evolución deste clube aberto a todos, gratuíto e no que espero que non haxa os mamoneos que había no clube que estaba antes. A verdade, agardo que vaia para adiante.
Durante o nadal do 2006-2007 dirixín con Curudae dúas sesións de rol en vivo do que debería ter sido unha Crónica de Vampiro: Compostela Nocturna dunhas 8-10 sesións. Falando o outro día con Phoennyx e con Darkdino disque a xente quedou contenta pero insatisfeita porque tiven que cortala e non se continuou.

Se todo vai ben co do novo clube cecáis volte a retomala ou empezar unha nova.


4 comentarios:

ZónulaCatro dijo...

Informo.

Por mor das vacacións de verán, que o centro e máis eu pechamos os fins de semana e o éxodo masivo de xente, as actividades permanentes do clube comenzarán en setembro... E estamos a traballar para que sexan do agrado de tódolos socios.

Estaría moi ben que se seguiran partidas vellas e organizar novas... Estamos abertos a calquera proposta ou iniciativa. A saber se nun futuro próximo se poderían organizar unhas macro xornadas...

O Breogán de Gáidil dijo...

Macro xornadas... Molaba moito ver algo así en Compostela.
Gracias pola información e o comentario!

Gerry_lopez dijo...

Que haxa sorte. O asociacionismo está moi ben e nesto do rol, moito mellor.
Espero que teña unha boa e pacífica andanza e non se metan polo medio alimañas a ocuparse de cousas de seres Humanos XD.
Un saúdo e moitísima sorte.

O Breogán de Gáidil dijo...

Graciñas, Gerry! Xa sabes que neste tipo de historias o das alimañas autorregúlase e acaban todas xuntas, para logo acabar todas soas e dispersas en manicomios...

Veña, agrégote!