Chairde
Porque son o máis importante cando son verdadeiros, aos amigos hai que mantelos e querelos. Temos entre eles novas adquisicións (chegados o 17 de Abril) e outros que veñen a compartir inquedanzas e afeccións de cando en vez ou que veñen de acelerar partículas noutros países. Pero todos son benvidos.
5 comentarios:
Todo impresionante...Días cargados de emocións...
Carai... como mola a estatua... quen cha fixo? Perfecto complemento e pisapapeis impresionante cando un estexa dirixindo 'As Crónicas de Gáidil'...
Os ghatos tamén poden servir para dar ambiente... Os malos sempre teñen un no colo, e un plano de cámara que só pilla a man acariñando ao micho mentres unha calculada voz en off fala de pozos con quenllas e pirañas, ou fabulosos instrumentos de tortura. E sempre revelándonlle os seus plans segredos au heroe...
Un saúdo!
A estatua a fixeron un par de bos "chairde" coma regalo para Jan de Delft e para min.
E estes gatos, maese Fra, nunca aceptarían estar no colo dun malvado. Fungarían e rabuñarían, e logo salvarían ao heroe como xa teñen feito máis dunha vez.
Apertas!
Hey, por fin puedo ver un dibujo mío del otro lado, ¡acojonante! Muy buen trabajo...
Maese Víctor, ten vostede que pasar un día por Compostela para velo in situ, que vai flipar en cores.
Publicar un comentario