11.11.06

Xuventude?

Ben. Vale. Bueno. Dacordo.


Imos mañán ás xornadas estas da Xuventude, a facer un par de partidas de wargames e de rol (con Máster de Garda listo para xogar) e pasar outro día roleando. É un pouco coñazo, porque quedan moi perto dos Encontros que fixemos nós, pero en fin.
Todo sexa polo vicio.

Conste que me toca cada vez máis a moral o rollo de relacionar o rol con actividades e literatura Infantil e Xuvenil. Coño, que teño case 30 tacos, e conto de seguir desfrutando da miña afección ao rol deica o asilo e a tumba (e Alén, se hai algo). Sei de xente que leva moito nisto e que seguirá por sempre. E falo de peña con 70 anos que segue xogando.

Por que certas afeccións, certos xogos, certas actitudes lúdicas sen malicia ningunha se consideran iso, Infantís e Xuvenís? Por que non podo colle-la miña espada de gomaespuma, o meu tabardo, o escudo e irme de aventuras cos meus amigos? É isto infantil? Por que? Acaso o feito de que algúns perderan a capacidade de Soñar, de Imaxinar, de Ver Alén do que teñen diante ten que me limitar a min, que non as perdín? Por isto o que fago é infantil e xuvenil para algúns?

Ben, Vale. Bueno. Dacordo.

PS: igual mañán fago estreno-pataca-veleno con algún xogo. Só para probar.

6 comentarios:

O Lobo dijo...

ajjaajajajaja!!!!.

Gustoume moito o post, si senhor!!, moi bom.

E é bem certo... ¿porqué aqueles que perderon a súa capacidade de sonhar, de ver o mundo con ollos de esperanza e inocencia, se empenhan en querer que o resto tamén perdan isso tan especial?.

A Creatividade e a Imaxinación, som forzas da natureza intelectiva por si mesmas nom só son propiedade dunha época de rapazada ou mocidade; é unha constante en todos aqueles que nom queren perdela.

Despóis de todo, o Mundo ciméntase nos sonhos dos que aínda poden sonhar.

Un saúdo!.

O Breogán dijo...

Meu Deus! Se é o Lobo en persoa!

Moi boas e benvido!

CP dijo...

Enfocalo como una forma de hacer cantera y conseguir más jugadores jovenes, para ir sustituyendo a los que vayan dejandolo, que no todos los de 30 siguen jugando.

O Breogán dijo...

Ao final nin eso foi: a xente entraba bastante cortada (agás os nenos, claro, que flipaban co Heroclix).
O chiste dos cativos é que ven máis vistosos os Wargames, pero seguro que estes que flipan con Warhammer hoxe acabarán xogando a Runequest, os que flipan con Infinity acabarán con Cyberpunk ou Star Wars, e os que flipan co Heroclix acabarán con Marvel Superheroes.

Benvidos aos dous, e graciñas polos comentarios.

FraVernero dijo...

Hai que ir renovando algo o blog, eh?
Serás preguiceiro...
Tanta organización de partidas nocturnas de Vampiro, e logo non hai tempo para seguir coas Crónicas de Gaidil...

Xa che turrarei das orellas, xa...

Amra, o leon dijo...

Cp dixo: "no todos los de 30 siguen jugando."

... e ten razón. Por moitas razóns (cada un esgrimirá as súas) moita da xente que coñezo colgou os dados...ainda que ben pensado son máis os que non o fixeron...ou alomenos máis dos que merecían a pena. Por outro lado, cando atopo a vellos colegas de fatiga, que non xogan porque non teñen tempo, xente ganas ou o que sexa, sempre xurde o tema, tras un cafe ou unha copa..."Molaba botar unha partida"...como dixo Bilbo..."e que as aventuras non van rematar nunca?"
O que probou a enfrentarse o medo e o odio, non voltará a camiñar por completo no mundo dos vivos... XD

Un saúdo a todos esos que siguen, e moi especial os que non siguen...Os botamos de menos! Como dí un coñecido brindis...
Que nunca nos atopemos como inimigos...e si o facemos..¡Ai de vos!