16.10.06

Ludus Stellae 2006: A mellor Xuntanza de Rol en Compostela


...Alomenos dende o meu punto de vista.
Para todos aqueles que non puideron asistir, dicirvos que foi unha das experiencias máis enriquecedoras, dentro da miña afección, que vivín.
Dende Xullo, cando comezamos a elaborar a idea de proxecto, até o día 12 de Outubro, coas horas contadas e o traballo a piques de ser amosado, foi un todo completo que cristalizou nestes dous días de Rol e Estratexia, pero tamén de información para aqueles que non coñecían este mundo ou que tiñan unha idea parcial (dada moitas veces pola desinformación televisiva). Estes 13 e 14 de Outubro foron maxia en estado puro (quintaesencia, vaia).

Agradecer a todos a súa colaboración, comezando polas tendas de Santiago de Compostela, así como a Edizer Servizos Editoriais e a Amarouk Studio polo esforzo.

Agradecer, por outra banda, aos reponsables do lugar máxico onde este evento foi posible: A Chocolataría. Un espazo de Arte libre onde todos aqueles con algo que contar poden ter voz, xa sexan grandes artistas ou unha asociación cultural de nova creación con poucos medios e moitas ganas como é Casco Vello. Por isto moitas gracias a Antonio e a tódolos pobres e sufridos bolseiros e bolseiras que nos aturaron, e unha mención especial a Rory e a César, os magos da montaxe. Santiago ha sentir moi moito que este lugar único peche a finais de ano. Moi moito.

E, o máis importante, agradecer a todos aqueles que tiveron a curiosidade de entrar a botar un ollo e aprender algo novo. Mil gracias.

Mirade eiquí algo dos Ludus Stellae 2006

3 comentarios:

Jan dijo...

Parabéns para todos os que traballáchedes e viñéchedes.

Breogán, por se me esquezo, deberías activara opción para que poidera escribir xente que non está en blogger-eu agora estou en blogaliza e non podo firmar desde alí-.

Biquiños.

Blagdaros dijo...

A verdade é que estiveron moi ben, alomenos polo que vin. É unha mágoa que non puidera pasar máis tempo, pero cadráronme mal as datas.

Parabens para todos os organizadores. Como acto inagural, é dificilmente mellorable.

O Breogán dijo...

Penso que xa o arranxei; gracias, Jan.

E gracias tamén a Blagdaros polo seu comentario.