10.8.06

We're back!

Bueno, xa voltamos Jan máis eu da pérfida Albión... e foi voltar para atoparnos os montes todos queimados. Foi mal final para tan boa viaxe.

A viaxe foi moi chula, sen problemas nin agobios agás pola comida, as distancias e o café con leite.

Polo demais, rememoramos lugares xa vistos, e descubrimos outros incribles, asombrosos, ateigados, e encantados.

A verdade: moi ben todo. Londres é unha cidade abraiante, chea de mestura e moi cálida a pesares de ser enome. Unha cidade para perderse e desfrutar.

PS: a nivel roleiro puidemos visitar tres tendas xeniais, onde mercamos The Riddle of Steel, un xogo curioso de medieval-fantasía; uns cantos dados (un deles "preñado", un dado transparente con outro dentro) e a figuriña para Dántrak... pero non puiden mercar a nova edición de Runequest para Amra, posto que saía o mesmo día que marchabamos ... mágoa.


Veña, bicos.

8 comentarios:

Marcus dijo...

Curmán, ¡menuda pinta de friki tes mirando os libros!
Non esquezas que a vindeira semana é Viñetas desde o Atlántico na Coruña, e tamén son bos días para frikear ;O)

Mazeekeen dijo...

Eu coñezo o "Riddle of Steele", é un dos que soen recomendares os da Asociación de Esgrima Antiga para votar un ollo, xa que dín que a nivel de xogo é moi realista na parte dos combates de esgrima.
Téñoo por algún sitio, pero non o mirei ainda (o meu mozo si que o fixo e dí que está moi ben, ainda que con algún fallo... non podía ser perfecto :P).

O Breogán dijo...

Marcus:
Xa ves que estou medio axeonllado... e non era para mirar os libros dabaixo! Hail and Kill!!

Mazeekeen:
O libro está chusco, aínda que as ilustracións deixan moito que desexar. O bo que ten é que é bastante aberto e dá moitas posibilidades. En canto ao combate, a min gustoume, sobor de todo as "tiradas" de iniciativa e así. Non creo que o vaian publicar eiquí (porque eiquí non se publica nada fóra do que son os "superventas"... alí o rollo é distinto... Babylon5 RPg, Serenity RGP, Jeremiah RPG, Buffy Cazavampiros RPG... serie nova, xogo novo. En fin.

Graciñas aos dous.

Marinha de Allegue dijo...

Benvidos aos dous!!!.
Xa nos contaredes da viaxe.

Unha aperta no medio do fume.

Mazeekeen dijo...

Si, tes razón. Non sabes as ganiñas que teño de ires a Londres de viaxe. Este ano non puidemos porque ó estares en Zaragoza as vacacións usámolas para ires a Galicia, pero en canto voltemos de novo para aló pensamos aproveitar as seguintes vacacións para ires dunha vez (a idea inicial era ir este ano, pero vai ser que non :P).
Hai tantos xogos que aqui non dan saído (ou que chegan en inglés a precios altísimos, coma o "Swashbucking Adventures" -o Séptimo Mar d20- que me costou 45 euros cando en USA estaba a 27 dólares :P) e que me gostaría ter sen seres en formato electrónico....

besbellinha dijo...

Eso, que se se vos ocurre vir á Coruña avisade eh?

O Breogán dijo...

Graciñas Marinha!!

Mazeekeen, eu algún material o pillo por Ebay, e me ten saído moi barato. Proba (se non probaches xa), que sempre hai xente que se arrepinte de mercar algo e cho vende barato.

Besbella, ir temos que ir, que Jan ten moita gana de ir ver a exposición de Tim Burton. O rollo é saber cando. Xa cho comentarei polo Blog.

Unha aperta a todos.

Mazeekeen dijo...

Si, agora estou mercando todo por Amazon, que sae moito máis baratos, e algunha cousa tamén a merquei por eBay, pero como teño o carné de identidade caducado e ata voltares a Galicia non o quero renovar, non podo facer pagos por Western Union e é unha putada. Os novos libros do WoD merqueinos por Amazon, e os de Idade Escura tamén e saíronme moi ben (o Dark Ages: Fae por 19 euros, coa súa tapa dura e ben feito, é precioso, non coma o que meio-traduxeron eiquí :P).
Amáis que por Amazon podes mercar de segunda mán tamén moi barateiro e en moi bó estado en comparación co que atopas eiquí.