25.4.06

Exemplo: extrapolando un lugar real ó Xogo

O Castro de Grania

Ó sur de Atlántia, preto dos territorios ancestrais dos Lusóns, atopamos as terras dos Leunos. Abarcan dende á fin do Río Nai até o territorio dos Limicos. Os leunos son os máximos productores de pedra de gran. Os altos montes que arrodean este territorio son canteiras que son traballadas todo o día. A calidade da pedra de gran desta zona é insuperable, así como o arte dos canteiros leunos para traballala. Tanto a pedra como os canteiros son requeridos por xentes de toda Gáidil.
A pesares disto, os castros dos leunos son sinxelos e funcionais, incluso a súa capital Grania. Temos como excepción o Castro da Fervedoira, un lugar no que as fontes botan a auga quente. Algo así ocorre en Urentes, pero é neste lugar onde a mestura da auga quente e dos coñecementos dos leunos chega ó seu máximo expoñente. O Castro da Fervedoira está construido fermosamente en granito, e está decorado con grandes esculturas e ten moitos lugares para sentar e relaxarse, posto que ésta é a súa función: servir como lugar de curación e de descanso para os gael-leanos. Os druidas leunos son expertos en medicina e acollen a calqueira que precise do seu Saber.
En canto ó castro de Grania, non é tal. Preto da zona de canteiras principal atopamos un extenso monte que tampouco é monte, senón un inmenso penedo que, ó longo dos tempos foi furado pouco a pouco por grandes canteiros leunos para servir de refuxio e fogar. Sabedores da terrible fin dos Lusóns, elexiron este lugar como lugar de vivenda, transformándoo nunha rede de túneles e salas onde residen non menos de 100 familias. Non viven en choupanas, senón en covas habilitadas como vivenda.
Nin qué dicir ten que os Mouros da zona síntense na casa cando veñen a comerciar a Grania, cousa que ocorre a cotío.

6 comentarios:

O Breogán dijo...

Se adiviñades o sitio é que a cousa vai ben...

Jan dijo...

Ai a emighrasión moi mala, eh! Bicos meu Breogán!!!

elduende dijo...

Dou un tiro a cegas sen ningún ánimo de acertar ¿Mondariz?

Ben, o certo é que quería felicitarvos polo traballo que fixéstedes e estades a facer. Acabo de descubrir este blog e quedei abraiado co mundo de Gáidil, tanto te levo toda a tarde lendoo en vez de traballar.

Supoño que xa estaredes fartos de felicitacións, pero como non teño cartos para editarvos eu o proxecto, é o único que podo ofrecer, iso e a promesa de que mercarei o manual en canto saia ás tendas.

Ánimo e saudos dun breogante/ libredón.

O Breogán dijo...

Moitas gracias polo teu comentario, Duende.

Alédanos que a xente atope este lugar e descubra o noso traballo, tanto se son roleiros coma se non. Gracias e mil veces gracias!

En canto a Mondariz... si, a Fervedoira é Mondariz pero... e Grania?

besbellinha dijo...

Con estas crónicas penso que debería coñecer moito mellor Gáidil porque estou vendo que non dou co sitio.

O Breogán dijo...

Igual Acedre se daría máis conta de onde está Grania... ;)