tag:blogger.com,1999:blog-22294663.post9118196895761051036..comments2023-10-19T16:25:55.857+02:00Comments on As Crónicas de Gáidil: Habelencias I: ConvocarO Breogán de Gáidilhttp://www.blogger.com/profile/07821688967428485055noreply@blogger.comBlogger2125tag:blogger.com,1999:blog-22294663.post-55057732237124088222008-12-03T18:16:00.000+01:002008-12-03T18:16:00.000+01:00Graciñas, Pascual. Eu tamén defendo os xogos simpl...Graciñas, Pascual. Eu tamén defendo os xogos simples, pero sempre desmitificando a dificultade que todo o mundo lle dá a Rolemaster. Rolemaster é un xogo sinxelo si é xogado por un máster que coñeza ben as reglas. E moi divertido.

Ben, en resposta á túa pregunta, si: alguén podería usar de xeito máis preciso a Habelencia de Convocar. Un dos xeitos máis claros é aumentando a dificultade para engadir dano, tal e como explica o manual.
Para poder ser preciso hai que perder outras vantaxes. Deste xeito, podemos ser precisos se, tendo 4 dados de Arcano, usamos 3 para Elaborar e 1 para Folgos, ou mesmo os 4 para Elaborar e 0 en Folgos. Se obteño unha boa tirada, mesmo un crítico, poderei asumir que fun preciso. No caso de ter Convocar Auga +3 e obter un Crítico (é dicir, fun moi preciso) farei 6d6 de Dano.
Todo isto á parte de calquer dificultade que queira impor o Contacontos para reflectir esa precisión, claro. Por exemplo, no caso da faísca para prender un telar o Contacontos establecería unha dificultade por distancia e tamaño (por exemplo, 12). Se xa quero prender sen que se note que fun eu a dificultade podería subir a 18.
A ductibilidade do sistema dá para moito. Todo está en pensalo un pouco e buscar a maneira de reflectir a acción que queremos levar a cabo.O Breogán de Gáidilhttps://www.blogger.com/profile/07821688967428485055noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-22294663.post-17859617839815313562008-12-03T12:46:00.000+01:002008-12-03T12:46:00.000+01:00Ola. Xa sei que os deseñadores vos propuxestes a ...Ola. Xa sei que os deseñadores vos propuxestes a tarefa de facer o sistema o máis sinxelo posible, cousa que apoio e defendo despois dunha adolescencia rolera con xogos como Rolemaster e tal.
Pero, que hai da habilidade para facer convocación con precisión?

Por exemplo, podería convocar auga nos pulmóns dos inimigos?

Ou encender unha única corda dun telar convocando unha faisca de lume?

Cousas polo estilo.

E por certo, boa idea o de este apartado do Blogue.Anonymousnoreply@blogger.com