29.7.06

Dámonos un prazo...

Alomenos até despois das vacacións.

Amra máis eu estamos con outros proxectos (entre eles o Clube de Rol de Compostela e outro xogo chamado Warmaster, do que xa daremos conta) e temos algo retido As Crónicas.

Aínda así, xa hai tempo que está nos correos electrónicos de cáseque todas as editoriais galegas, e supoño que nas Papeleras de Reciclaje de moitas delas. A razón é simple: en Galiza non se arrisca.

En Galiza tírase de subvención para todo o relacionado coa edición de libros, e que deste xeito é moi complexo publicar.
Se tes un nome propio, ou se podes acceder sen problemas á subvención, non hai problemas, pero ninguén arrisca "a peito" cun autor novo.

Para isto está a Xunta, que pon os cartos e así a editorial pode fracasar a gusto se o asunto sae mal. O chiste está en non arriscar.

Lía nun blog hai pouco o de introducir publicidade nos libros. Por aquilo de que se vende pouco.
Máis que dentro do libro, onde debería haber publicidade é fóra; é dicir, en cartaces e en publicidade máis visual. Que os reclamos non só se atopen nas librarías, senón nas paradas de bus (en troques do anuncio de Ballantine's), ou mesmo en radio ou tv.

Se o problema é que non se vende, o xeito é a publicidade, pero non de anuncios dentro dos libros, senón do libro dentro de anuncios.

1 comentario:

O Breogán de Gáidil dijo...

E que é do que non hai, pensar que editoriais coma Galaxia ou Xerais aínda estén tirando de axudas do goberno.

Esas axudas supóñenese para a xente que empeza. Se levas 40 anos vendendo libros e precisas das axudas, plantéxate que ao mellor non deches co traballo que che cadraba, amigho!